miércoles, 10 de noviembre de 2010

Bandeira Senyikulega



-What
are you (güataryu)?
Óese case a diario.
-I'm part Italian and part Irish (aimparitalian enparairish).
Parabéns.

Entón comezo a pensar, e decátome do que son eu.
I am... ollo ao dato.
Tendo en conta as miñas raíces, é dicir, os meus avós e os seus antepasados, son:
Galego, Catalán e Vasco (navarro).
Toma!
Bomba de reloxaría humana.
Calquera día me poño a queimar colectores de lixo e a reivindicar a liberdade de tres Comunidades Históricas españolas á vez en plan somnámbulo.
E esperto e teño tatuadas a Ikurriña, a Senyera e a bandeira galega (e o nome chulo?).
Ao mellor son o elixido para unificar o país de forma pacífica, dándolle a todos as liberdades que merec
en, e ó peor son tantos anacos de todo que non son un enteiro.
Ongi etorri á miña barreja genètica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario